Choco de Redondela, viño de Betanzos e augardente do Ulla

Festa do Choco de Redondela 23 2009

Esta fin de semana poderiamos realizar unha ruta gastronómica aproveitando varias festas de sona como son a do Choco en Redondela, a do Viño de Betanzos e a da Augardente do Ulla, en San Mamede de Ribadulla.

O programa da XXIII Festa do Choco de Redondela inclúe degustación deste produto en diferentes pratos e empanadas, feira de artesanía e concurso culinario co choco como estrela da festa. Por experiencia propia estas son unhas festas moi agradables polo produto de máxima calidade, o programa variado e o entorno privilexiado á beira do río.

E como en toda festa que se prece, haberá verbenas: o sábado actuarán as orquestras ATLANTA e SENADORES e o domingo a LAMAS. Como vén sendo habitual, haberá un gran recinto de atraccións de feira.

E para acompañar o choco cun bo viño podemos ir ata As Mariñas. Alí terá lugar unha nova edición da Festa do Viño de Betanzos. Esta celebración que o ano pasado se fixo na praza central da localidade volve de novo ao seu lugar habitual: O Carregal. Alí instalaranse os stands da feira e as atraccións. Tamén haberá verbenas: o venres actúa a orquestra MONTES de Narón, o sábado a orquestra VENEZIA de Lugo e o domingo o grupo coruñés CIBELES.

Remataremos esta excursión festeiro-gastronómica en San Mamede de Ribadulla, na Festa da Augardente do Ulla o domingo 10 de maio.

A festa comezará ás 11.30 horas co acendido de potas para a elaboración da augardente artesanal. A continuación do pregón levaranse a cabo numerosas actuacións: Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, Charanga O Recobío de Teo, grupo A Requinta da Laxeira, agrupación Regato de Matamulleres e Os Xeitosos de Trazo. A verbena correrá a cargo da orquestra RITMO JOVEN.

Esta entrada fue publicado en festas, festas gastronómicas, orquestras, verbenas y etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Escribir un comentario or leave a trackback: Trackback URL.

Post a Comment

Tu correo nunca es publicado o compartido Campos requiridos estan marcados *

*
*

Podes utilizar estas HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

  • Viagra ordre
  • Cialis en ligne
  • Levitra en ligne
  • Propecia acheter
  • Viagra acheter
  • Acheter cialis
  • Ordre levitra
  • Ordre propecia
  • En ligne viagra
  • Vente cialis
  • Levitra bon marche
  • Propecia en ligne
  • Viagra online
  • Buy cialis
  • Order Levitra
  • Buy propecia
  • Buy viagra
  • Cheap cialis
  • Cheap Levitra
  • propecia online
  • Viagra prescription
  • Cialis online
  • Buy Levitra
  • Order propecia