O Samaín, tradición galega

cedeira-samain-2009-cartel

O Samaín, e o comezo do novo ano celta, ten lugar 40 días despois do equinocio de outono, é dicir, entre o 31 de outubro e o 1 de novembro. Nestes días os nosos antergos lembraban os seus antepasados, ademais tiñan a crenza de que nestes días desaparecía o veo ou cúpula que separaba o mundo terreal do espiritual, polo que resultaba máis doado comunicarse cos espíritos. Era a época na que as tribos se recollían nos castros para pasar o inverno, os celtas adoitaban levar as cabezas dos seus inimigos e depositalas nos muros dos castros para lle dar protección ao castro e nas noites do samaín iluminábanas con fachos para manter o lugar protexido de visitas perturbadoras.

Co abandono dos castros, abandonouse tamén o culto das cabezas decapitadas, pero non así o sentido desta celebración e cambiáronse as cabezas por cabazas, que aínda se manteñen nos nosos dias por algúns lugares de Galicia.

O SAMAÍN EN CEDEIRA

Chega unha das celebracións máis antergas de Cedeira: O Samaín. A piques de rematar o outono os celtas celebraban o paso ao inverno coa súa mítica festividadee. Os actos xa comezaron o pasado xoves coa proxección da cinta La Novia Cadáver, no auditorio, e o venres no paseo do Pinzón, co tradicional Fiadeiro de Castañas e Obradoiro de Caliveras.

cartel Samaín 2009

Pero o día grande é hoxe sábado, co concurso exposición de cabazas a partir das 17:00 horas, xincana con visita á Casa das Ánimas, obradoiros de maquillaxe e a «Merendola de Outono», coa súa “bola de azucre e requeixo”, un auténtico clásico da cita. Ao final do día, sobre as 20:30 horas, as criaturas da noite percorrerán as rúas con todas as luces apagadas no Pasarrúas das Pantasmas, que sairá da Praza do Peixe e percorrerá o Paseo.

Esta entrada fue publicado en festas y etiquetado , , , , , , , . Bookmark the permalink. Escribir un comentario or leave a trackback: Trackback URL.

2 Comments

  1. Posted Novembro 3, 2009 at 8:16 p.m. | Permalink

    tedes que por máis cousas sobre o Samaín , pero facedes un bo traballo

  2. Posted Novembro 3, 2009 at 8:51 p.m. | Permalink

    Moitas grazas, intentamos facer o máximo que podemos e da mellor maneira posible. Un saúdo!!!!!!!!

Post a Comment

Tu correo nunca es publicado o compartido Campos requiridos estan marcados *

*
*

Podes utilizar estas HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>