Renovación e cambio en Jocker 2010

grupo-jocker-2010-esbozo-cartelEsbozo do novo cartel de Jocker para a temporada 2010. O grupo amplíase a sete integrantes e haberá dúas vocalistas

O grupo JOCKER de Ponteareas xa ten deseñado o seu novo plantel de músicos e vocalistas de cara á nova temporada 2010. As palabras cambio e renovación serían as ideais para definir a nova etapa do grupo. Cambio de axencia de Espectáculos, de Lito pasan a Siglo XXI, e renovación importante nos músicos, só quedan dous compoñentes de JOCKER de 2009, e nos cantantes, renovación total e ampliación a dúas vocalistas.

Así as cousas, só seguen no grupo musical os músicos Sebas (guitarra e voces) e Alberto (batería e percusión); o resto son todas caras novas en JOCKER 2010: no baixo abandona Eder e entra Joselu (tamén nas voces). No lugar de Fernando entra Roberto (teclados e acordeón) e nas voces entran Sergio, Silvia e Irene. Por primeira vez o grupo pasa a ter dúas voces femininas.

Tamén abandona o grupo Diego (teclados, guitarra e voz) que formará parte do grupo ISLA e cuxa información xa publicamos recentemente en Festa a Festa. Cos cambios no grupo pasa a haber un cantante que só se dedicará ao aspecto vocal, Sergio, aínda que outros músicos apoiarán tamén coas voces como vén sendo habitual na formación musical de Ponteareas.

Tempo de grandes cambios no grupo JOCKER, que esperemos que sexan para ben e triunfen na nova etapa.

Esta entrada fue publicado en orquestras y etiquetado , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Escribir un comentario or leave a trackback: Trackback URL.

2 Comments

  1. carlos
    Posted Novembro 27, 2009 at 3:36 p.m. | Permalink

    tienes alguna informacion de la agencia siglo xxi
    gracias

  2. Posted Novembro 27, 2009 at 9:51 p.m. | Permalink

    Ola Carlos. Non dispoñemos de información desa axencia. De oídas parece ser que é unha axencia pequena pero descoñezo con quen traballan e os grupos e orquestras que levan. Saúdos e grazas a ti por lernos.

Post a Comment

Tu correo nunca es publicado o compartido Campos requiridos estan marcados *

*
*

Podes utilizar estas HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>