Este é o novo escenario da orquestra Panorama

Escenario no Fiou 2010O escenario instalado na praza principal de Cea para acoller algunhas actuacións do Festival Internacional de Orquestras é o novo palco provisional de Panorama / © foto: roxegar 2010

As dimensións son considerablemente menores e a robótica, tamén, non hai máis que botarlle un ollo. Pero este será o novo escenario provisional da orquestra PANORAMA. O incendio que calcinou completamente o grande escenario da formación musical forza a buscar solucións alternativas para que PANORAMA poida cumprir co seu ateigado calendario festeiro.

É un dos escenarios que se utilizou a pasada fin de semana en Cea para acoller algunhas grandes bandas musicais que actuaron no Festival Internacional de Orquestras (FIOU). Cando tiramos o sábado a fotografía nada nos podía facer pensar que estabamos diante do novo palco da orquestra bandeira de Espectáculos Lito, pero así son as cousas e o principal de todo é que non hai que lamentar danos persoais; o material pouco a pouco se irá repoñendo. O importante non son as luces nin as pantallas, o importante é a orquestra, e a orquestra son persoas, non ferros. Por iso o espectáculo debe continuar e a festa debe seguir… con PANORAMA, os músicos, técnicos, chóferes e montadores. PANORAMA é xente, e a xente, afortunadamente, segue connosco.

Festa a Festa sempre coas orquestras

Desde Festa a Festa o noso apoio incondicional, como blog dedicado ás orquestras e, a título persoal, como seguidores desde hai xa 15 anos. A FESTA CON PANORAMA CONTINÚA!!!

Esta entrada fue publicado en orquestras y etiquetado , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Escribir un comentario or leave a trackback: Trackback URL.

8 Comments

  1. Noelia
    Posted Setembro 7, 2010 at 3:33 a.m. | Permalink

    Bueno, fixadevos que detrás das telas que poñen os días e as orquestras hai palco, é dicir, que é bastante grande… Ademais no de panorama as pantallas etc creo que non se queimaron porque van nos outro cmaións, ao mellor adaptando un pouco queda bastante ben, moi sorte Panorama.

  2. Posted Setembro 7, 2010 at 3:38 a.m. | Permalink

    Ola Noelia. Claro que si, que por palco non ha de ser. É pequeno comparado co que tiñan pero sen facer comparacións é un escenario bastante grande, máis que a maioría dos que coñecemos. Seguro que o han de poñer vistoso abondo, pero o importante é que non lle pasou nada grave a ningunha persoa, polo tanto a pasar páxina e a seguir. Moitas grazas por contribuír coa túa opinión neste blog. Saudiños!!!

  3. Rebe
    Posted Setembro 7, 2010 at 1:10 p.m. | Permalink

    Que siga la fiesta!! muchos ánimos!!!

  4. Fans de Lydia
    Posted Setembro 7, 2010 at 3:00 p.m. | Permalink

    Oubiña dixo na sua paxina que sería o de fai catro anos…. este non é…. cal das duas informacións e a verdadeira?

  5. Posted Setembro 7, 2010 at 3:49 p.m. | Permalink

    Ola, este é o que usaron onte e supoño que durante estes días, é provisional e seguramente estean preparando outro onde poidan facer o músical e algún tema que neste non poden. O da foto é un palco provisional, saúdos!!!

  6. Posted Setembro 7, 2010 at 3:50 p.m. | Permalink

    Non teño máis información sobre os escenarios de Panorama. Se Oubiña dixo que van usar o de hai catro anos pois será verdade, de cara a cerrar a xira.

  7. adrian
    Posted Setembro 8, 2010 at 9:31 a.m. | Permalink

    ola . polo q oiinn q ou xoves ou venres panorama teraa un escenario igual o q ardeuu o paasado 6 dde setembro un saudo =)

  8. Posted Setembro 8, 2010 at 3:43 p.m. | Permalink

    Ola Adrián. O palco que usan agora é provisional. É normal que estean acondicionando outro máis grande para poder ofrecer o espectáculo íntegro de novo. Saúdos!!!

Post a Comment

Tu correo nunca es publicado o compartido Campos requiridos estan marcados *

*
*

Podes utilizar estas HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>