Nogueiró celebra o San Xosé por todo o alto

cartelle-nogueiro-2010-san-xose-cartel-ii

A vindeira fin de semana Galicia rebenta en festas polas catro esquinas. A celebración do San Xosé e varias Festas da Xuventude (algunhas, de nova creación) farán que o teñamos difícil para escoller unha boa festa de campo.

A primeira da que temos que dar conta é a de Nogueiró, no concello ourensán de Cartelle. Alí catro formacións de renome e un dúo musical poñerán a música nunhas festas que comezan o xoves 18 e rematan o sábado. OLYMPUS e LA OCA serán os primeiros en amennizar o baile. A orquestra de Negreira continúa coa súa xira O final do camiño e supoñemos que seguirá presentando novidades ata acabar de configurar o que ha de ser a xira do verán. Pola súa banda, o grupo de Sanxenxo LA OCA, liderado por Dani Dopazo, ofrecerá tamén unha das novas actuacións despois de case un mes de vacacións. Repertorio bailable 100% e adaptable á verbena. Este grupo pode presumir de non levar un repertorio fixo, como a maioría das orquestras, e ir ofrecendo os temas que consideran que son os máis adecuados ao tipo de público e festa que están amenizando.

A segunda xornada será para AMÉRICA e CINEMA. O primeiro está considerado un dos mellores grupos de verbena do momento, e na segunda poderemos ver a nova dianteira feminina: Noelia e Vanessa. Todo un luxo de voces nunha orquestra que loita por manterse en postos altos dentro do mundo da verbena.

A última xornada estará amenizada por un dúo musical, RECUERDOS, e haberá tamén unha churrascada con viño para despedir as celebracións de 2010.

En Nogueiró haberá carpa con calefacción, aínda que esperamos que o tempo se vaia compoñendo e a primavera vaia facendo acto de presenza, o certo é que de momento as noites son frías, e en canto á chuvia, temos que lembrar que estamos en Galicia e aquí xa deberiamos estar afeitos ás festas baixo a auga. En Nogueiró non haberá problemas dese tipo, todo está preparado para comezar un ano máis unhas celebracións de nivel, polo menos en canto a música se refire.

Publicado en festas, orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixa un comentario

Antesala da primeira gran feira de Galicia: Pascua de Padrón

Padrón 2010 Pascua cartel

Cartel anunciador das Festas da Pascua 2010 en Padrón

Estamos xa na antesala do que será unha nova edición das festas máis importantes de Padrón: a Pascua. Xa se coñece o programa case na súa totalidade e a finais da semana comezarán a chegar as atraccións de feira. O domingo de Ramos deberían estar funcionando.

En Padrón esta semana que entra vai cambiar a paisaxe, e bastante. As caravanas dos feirantes comezarán a chegar para instalarse nas inmediacións do IES, como cada ano. Nesta zona o concello preparou varias infraestruturas para acoller as casas rodantes dos que traballan na feira. Contando con que haberá ao redor de cen atraccións de festa e casetas, o número de persoas que dependen deste medio de vida poden chegar a 500 nas festas padronesas. Cincocentas persoas a maiores da poboación habitual durante quince días é unha cifra para ter en conta por parte das autoridades, que deberán facilitar a vida desta xente: tomas de auga, luz, servizo de canalización de sumidoiros, recollida do lixo, etc… Toda unha batería de medidas para que a instalación das caravanas nesta zona da vila entorpeza o menos posible o bo funcionamento no entorno.

E o domingo pola tarde, despois do mercado dominical, comezarán a chegar as atraccións de feira ao campo do souto e explanada do polideportivo. Este ano tamén está prevista a instalación de atraccións detrás do campo de fútbol, no entorno próximo á gardaría. O domingo de Ramos comezaría oficialmente a feira de Pascua.

O cartel de Padrón deste ano contén un gran concerto denominado Festival do Sar 2010 e a actuación de 14 orquestras e grupos musicais, dúas agrupacións por día, durante os sete días centrais das festas.

ORQUESTRAS PARA A FESTA DA PASCUA DE PADRÓN 2010:

DÍA 03: ORQUESTRA GRAN PARADA E GRUPO MASTER
DÍA 04: ORQUESTRAS CHARLESTON BIG BAND E COSTA OESTE
DÍA 05: ORQUESTRA CINEMA E GRUPO ATENAS
DÍA 06: ORQUESTRAS PANORAMA E SINTONÍA DE VIGO
DÍA 09: ORQUESTRAS PHILADELPHIA E MIRAMAR
DÍA 10: ORQUESTRA PONTEVEDRA E GRUPO TEKILA
DÍA 11: ORQUESTRA TV NORDÉS E GRUPO LA OCA

CONCERTO, FESTIVAL DO SAR 2010:

Venres día 9 de abril na Praza de Macías:
- Black Sould Motard
- Noise Project
- The Friendows
- Intercoles
- Dj Mandril Selector
- Dj Grime Selectah

E MÁIS ACTIVIDADES PARA A FESTA DE PASCUA 2010:

Touros - Feira Cabalar - Exposición de maquinaría agrícola e automóbiles de ocasión - Concurso Gran Prix na Praza de Touros - Actuación do grupo humorístico Os Maldados - Espectáculo Pirotécnico - Espectáculo de Baile Latino - Bandas de Música - Chanrangas - Pregón - Atraccións de feira - Mercado - Peregrinación Santiago - Padrón en bicicleta - Carreiras Pedestres - Carreiras en Bicicleta - Fútbol - Waterpolo - Boxeo e moito máis…

En Festa a Festa aproveitaremos para realizar algún vídeo sobre as Festas de Pascua de Padrón 2010 e algunha actuación de orquestras. Comeza a conta a trás para a Pascua 2010 en Padrón.

Publicado en concertos, festas, orquestras, verbenas | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixa un comentario
  • proba texto index insert

    proba texto index insert dentro

28 anos de Festa do Viño en Chantada

chantada-festa-do-vino-2010-cartelCúmprese 28 anos da primeira edición da Festa do Viño de Chantada. Durante dous días, a cita de exaltación dun dos produtos máis típicos da zona.

A cita festeira inclúe a feira do viño nos stands instalados para o evento, atraccións de feira e verbenas. O sábado actuación de JOCKER e a orquestra asturiana ALTO STANDING. O domingo presentación na zona da nova temporada das orquestras CAPITOL e TRÉBOL.

Toda a información na páxina web do Concello de Chantada.

Publicado en festas, festas gastronómicas, orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , | Deixa un comentario

A quen non quere caldo… sete cuncas

13 E 14 DE MARZO: XIX FESTA DO CALDO GALEGO, MOURENTE, PONTEVEDRA

GRAN PARADA, SALSA ROSA, MARBELLA E TOKIO ACTUARÁN NAS VERBENAS DO SÁBADO E DOMINGO

finalAs orquestras Gran Parada e Salsa Rosa actuarán na primeira verbena da XIX Festa do Caldo Galego de Mourente, na cidade de Pontevedra

orquesta-salsa-rosa-2009-cartel

É difícil atopar alguén a quen non lle guste o caldo. O noso, o galego, con ingredientes de primeira e do xeito que se fai aquí. Como o caldo de Mourente, que se exalta mañá domingo nesta zona da cidade pontevedresa.

Xa van con esta XIX festas do Caldo de Mourente, caracterizadas por unha exaltación do produto máis típico do país e boa música. A preparación empeza xa hoxe sábado pola tarde na Asociación de Veciños de Areais Mourente, onde se necesitarán voluntarios para darlles saída ás patatas, grelos, carne, chourizo e resto de produtos. Xa a partir do mediodía do domingo poderemos degustar un bo xantar: por só 2 euros o caldo, e por 4 euros poderemos levar a cazola de barro conmemorativa deste ano.

E en canto á música, catro orquestras serán as encargadas das verbenas do sábado e do domingo: GRAN PARADA e SALSA ROSA para o día de preparación do caldo, MARBELLA e TOKIO para o día da degustación. Dúas xornadas de festa en Mourente cun bo caldo no corpo. Que máis se pode pedir?

orquesta-marbella-2010-cartelA segunda xornada de verbena complétase coa actuación de Marbella e Tokio

PROGRAMA COMPLETO

Sábado día 13

12:00 h .- Imposición de capas y medallas a los nuevos caballeros y damas de la orden del caldo.

13:00 h .- Visita ao monumento e ao local social onde se servirá un viño galego.

21:00 h .- Actuación das orquestras GRAN PARADA e SALSA ROSA.

Domingo día 14

12:30 h.- Recibimento de autoridades.

13:00 h .- Lectura do Pregón da XIX edición da Festa do Caldo Galego a cargo de Benigno Campos, Cociñeiro do Programa Larpeiros que se emite os xoves na TVG.

Homenaxe a D. Celso Mirón Villaverde.
Veciño da parroquia e exdirectivo da AA VV de Mourente.

14: 00 h .- Actuacións de grupos folclóricos con música galega e portuguesa.
Actuación dun grupo de Penafiel (Portugal).
Actuación dos Trazantes de Tenorio.
Actuación dos Alegres da parroquia de Mourente.

Degustación do caldo galego e Xantar.
20:00 h .- Actuación das orquestras MARBELLA e TOKIO.

Publicado en festas, festas gastronómicas, orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , | Deixa un comentario

Arranca ‘A Xira do Xacobeo’ de Panorama

BEMBIBRE, VAL DO DUBRA, ÁS 22:30 COA ORQUESTRA COSTA OESTE

20100219 Panorama Presentación Xira do Xacobeo 2010 - 50

Formación completa da orquestra Panorama 2010 na presentación en Santiago da Xira do Xacobeo / Foto: © roxegar

Dentro dunhas horas arranca a nova temporada da orquestra PANORAMA. A Xira do Xacobeo levará a música e o espectáculo da formación caldense a máis de 200 lugares de Galicia.

Bembibre, en Val do Dubra, é o lugar escollido por PANORAMA para dar comezo a nova aventura con multitude de sorpresas. En primeiro lugar as cinco novas incorporacións, dúas delas referentes ás voces femininas (Lydia e Maythe), e a continuación todas as novidades que comezaremos a ver e supoñemos se irán incorporando ao espectáculo gradualmente como en cada temporada. Sabemos que haberá novo repertorio, nova montaxe cunha gran pantalla onde se proxectarán vídeos, un novo musical e algunha cousa máis que desde a dirección gardan con coidado para manter o efecto sorpresa ata o último momento.

En Bembibre estará tamén a orquestra COSTA OESTE, que está a facer cambios no repertorio e presenta catro novas incorporacións, entre elas a de Noelio, procedente de PANORAMA.

Se queres saber onde serán as primeiras actuacións de PANORAMA podes visitar a súa páxina web ou a entrada coas datas desta e doutras orquestras en Festa a Festa.

orquesta-costa-oeste-2010-cartel1Nova imaxe da orquestra Costa Oeste para a temporada 2010

Publicado en festas, orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , | 4 Comentarios

Orquestra Gran Canaria, novo proxecto de envergadura

orquesta-gran-canaria-2010-web

Portada web da orquestra Gran Canaria, de Alfa3 producciones

Páxina web operativa a partir de hoxe ás 22:00 horas

Sempre é motivo de alegría poder anunciar o nacemento dunha nova orquestra. Detrás de cada nome dunha formación musical hai moitas horas de traballo, un proxecto, moita ilusión e, por suposto, un investimento que se espera que funcione.

A oficina Alfa3 Producciones presenta o seu novo fillo, a orquestra GRAN CANARIA, que vén ocupar o espazo deixado por ARMONÍA SHOW en 2009, cun tipo de música moi característico deste tipo de bandas (ARMONÍA SHOW, Orquesta TAMARINDOS, EL COMBO DOMINICANO…) e que tanto éxito ten nas festas galegas. E o proxecto non semella calquera cousa: plantel de músicos de renome e dianteira protagonizada por catro profesionais moi coñecidos no mundo da verbena, e concretamente neste tipo de orquestras: Wladi, Vanessa, Rosalba e David Cazorla. Grandes nomes para un gran proxecto.

Hoxe xoves a partir das 22:00 está previsto que bote a andar a súa páxina web e pouco a pouco iranse coñecendo máis detalles da nova orquestra que amenizará as festas por toda a península e especialmente Galicia.

Desde a orquestra GRAN CANARIA pretenden ofrecernos un gran show latino en rigoroso directo cos ritmos máis característicos deste tipo de música e onde se conseguiu unha proposta que se barallaba desde había tempo: reunir nunha orquestra os catro cantantes que a integran.

Permaneceremos atentos para ir dando máis datos sobre a nova formación musical: repertorio, actuacións, montaxe, etc… A orquestra GRAN CANARIA bota a andar o vindeiro mes de maio… vala perder?

FORMACIÓN COMPLETA DA ORQUESTRA GRAN CANARIA

David Cazorla (voz principal)

Wladi (voz principal)

Vanessa (voz principal)

Rosalba (voz principal)

Elio Bignotte (trompeta)

Osnel Ceballo (trompeta)

Manuel del Pino (saxo alto e teclados)

Lázaro Sandoval (saxo tenor e frauta)

Ramón Liz (percusión)

Carlos Valencia (percusión)

Carlos Olivera (percusión)

Héctor Guzmán (bajo)

Wilson (piano)

Javier Marval (guitarra)

Heriberto (técnico de son)

Publicado en orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , , , | Deixa un comentario

Unha de Foliada en Suevos

arteixo-2010-suevos-san-gregorio-cartel

Cartel das festas de San Gregorio, en Suevos, Arteixo, onde o sábado 13 actuará a orquestra Foliada

A orquestra coruñesa FOLIADA será a encargada de amenizar a noite do sábado en Suevos. Celébranse na parroquia arteixá as festas de San Gregorio.

Os vindeiros días 12 e 13 de marzo serán as festas de inverno de Suevos. Para a ocasión está programada unha gran mexilloada e a actuación da orquestra FOLIADA na pista do local social.

FOLIADA chegará a Suevos co novo plantel para 2010, dúas novas incorporacións na trompeta e na dianteira, Javier (procedente de ALARMA) e Álex (procedente de TROCO) respectivamente. Tamén será a segunda temporada da cantante, Bea. A orquestra coruñesa caracterízase por tocar todo tipo de temas de baile e un segundo pase máis encamiñado á xente nova. En Suevos temos a oportunidade de gozar da nova temporada e non será a única na zona porque FOLIADA actúa moito no concello de Arteixo. O sábado… en Suevos.

Publicado en festas, orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , , , | 2 Comentarios

Nova imaxe para o grupo Alkar de Portonovo

grupo-alkar-2010-cartel

Nova imaxe do grupo Alkar de Portonovo, sen cambios no cadro de músicos e cantantes

O grupo ALKAR xa ten nova e esperada imaxe. Despois de varias temporadas sen cambiar o cartel, en 2010 chegou a hora do lavado de cara aínda que non hai cambios na formación respecto do ano pasado.

A nova imaxe 2010 é o primeiro de moitos cambios para esta temporada. Cambios que están gardados celosamente polos compoñentes do grupo de Portonovo. Sabemos que pode haber novidades no escenario, no repertorio, por suposto, e fálase por aí dun disco… pero todo son conxecturas ou pequenas pistas porque por parte dos compoñentes nada se sabe.

Despois do grave accidente de hai un par de temporadas no que algúns integrantes quedaron feridos e houbo que reformular todo o cadro de músicos, os responsables de ALKAR tampouco se viron con forzas para acometer cambios en 2009 e arrastraron as consecuencias do accidente durante máis dunha temporada. Pero afortunadamente neste caso as cousas volveron ao seu estado, aínda que moi amodo, e teremos novidades importantes en 2010 que pouco a pouco iremos descubrindo.

Por certo, alguén sabe o que significa ALKAR? É moi curioso e contarémolo na próxima entrada dedicada ao grupo.

Publicado en orquestras | Etiquetado , , , , , , , , , , , | 3 Comentarios

A outra proposta musical de Jako

la-dulce-maria-2010-cartel-actuacion

JAKO e compañía estarán en concerto o próximo día 12, pero os seus compañeiros non serán os de AMÉRICA SL, onde está de vocalista. Esta vez imos aparcar a verbena para escoitar case que exclusivamente pop e rock; música que nos traslada a outros tempos non moi remotos, ou si, depende de como o levemos cada un…

LA DULCE MARÍA, un grupo que traballa a música pop e rock dos 80, estará en concerto na provincia de Pontevedra a vindeira fin de semana. Formación musical integrada na súa totalidade por xente que coñece moi ben o mundo das verbenas, algún aínda anda por aí, pero que á parte da orquestra queren mostrarnos máis facetas de músicos profesionais que son da man deste grupo á marxe do verbeneo.

E así nace o grupo LA DULCE MARÍA, formado por Jako, o “cerebro da operación”, el foi quen decidiu montar unha formación destas características e nela leva a voz cantante e mais a guitarra; Fabián, tamén guitarra; Bruno, batería e Miguel, baixo.

O concerto será en Portas, no local Agro dos Mozos (fronte ao campo de fúltbol), o venres 12 as 00:00 horas e con entrada gratuíta. Aí tes a oportunidade de coñecer a outra faceta musical de Jako cos seus compañeiros de aventura, unha aventura diferente a AMÉRICA SL, unha proposta distinta que nos permitirá lembrar un estilo de música (e de vida) concreto. A cita preséntase moi tentadora…

Publicado en artistas, concertos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , | Deixa un comentario

Máxima presencia do grupo Master na rede

grupo-master-2010-webImaxe da web oficial de Master Band

Xa está operativa desde a semana pasada a nova web do grupo MASTER. Con esta páxina a formación musical pasa a ser unha das máis expostas na rede, xa que aínda que esta é a oficial, hai outra máis que xa presentamos no seu momento, do club de fans.

Pois non será entón por falta de información. Non hai escusa para non coñecermos máis a fondo este grupo musical que volve á palestra despois de desaparecer en 2008. Os problemas de saúde do seu mentor fixeron que aquel grupo fresco, con boa imaxe e que resolvía sempre ben as súas actuacións, non puidese continuar escribindo a súa historia nos campo de festa. Pero agora en 2010, xa superados os problemas, o grupo volve renacer disposto a ocupar o lugar que nunca debeu perder.

Na web de 2010 preséntase moi clara para que resulte fácil de consultar. Apartados directos onde poderemos achegarnos máis á nova imaxe do grupo: os novos compoñentes, actuacións, apartado multimedia, etc… Tamén destaca a súa presentación divertida e chamativa.

Novos compoñentes, páxina web, repertorio, club de fans… semella estar todo a punto para facer unha boa campaña 2010. Masterband volve ás festas coa súa filosofía de sempre: non ser o peor grupo nin o mellor, simplemente ser diferente!

Publicado en orquestras | Etiquetado , , , , , , , | Deixa un comentario
  • Viagra ordre
  • Cialis en ligne
  • Levitra en ligne
  • Propecia acheter
  • Viagra acheter
  • Acheter cialis
  • Ordre levitra
  • Ordre propecia
  • En ligne viagra
  • Vente cialis
  • Levitra bon marche
  • Propecia en ligne
  • Viagra online
  • Buy cialis
  • Order Levitra
  • Buy propecia
  • Buy viagra
  • Cheap cialis
  • Cheap Levitra
  • propecia online
  • Viagra prescription
  • Cialis online
  • Buy Levitra
  • Order propecia