Trailer de Mary & Max

A animación australiana Mary and Max abriu o Festival de Sundance ao comezo deste ano. O seu guionista e director é Adam Elliot, quen gañou un Oscar en 2003 pola curtametraxe Harvie Krumpet. Realizada en stop-motion, a historia amosa a amizade por correspondencia entre unha nena australiana de oito anos e un home norteamericano de 42 anos na década dos 20. Poñen voz aos personaxes principais Philip Seymour Hoffman, Toni Collette e Erica Bana. Non sei como funcionará a nivel de guión, pero esteticamente é unha película fermosa, tal como comprobamos no trailer.

Deixa un comentario

O teu email nunca será publicado. Os campos necesarios se marcan con *

*
*