Paltrow interpreta á esposa de Kidman

The “Danish Girl” é un filme que se basea nunha historia real. Gwyneth Paltrow vén de reemprazar a Charlize Theron para interpretar á esposa do pintor Einar Wegener, que no ano 1931 se converteu na primeira persoa que realizou diversas operacións para cambiar de sexo e ser unha muller. Ese papel recaerá en Nicole Kidman e o director da película será o sueco Tomas Alfredson, a quen coñecemos aquí polo curioso filme de vampiros “Déjame Entrar”.  Wegener naceu en 1882 e a maior parte da súa vida foi identificado como un home, ata que un día precisou substituír a unha das modelos da súa muller e ese foi o primeiro paso para principiar a asumir a súa condición feminina.  Logo de sufrir cinco cirurxías morreu como consecuencia de problemas derivados desas operacións.

Deixa un comentario

O teu email nunca será publicado. Os campos necesarios se marcan con *

*
*