Anthony Hopkins fará de Hemingway

Anthony Hopkins encarnará ao Premio Nobel de literatura no filme “Hemingway and Fuentes”, no que terá como compañeiro de reparto a Andy Garcia, quen tamén ocupará o lugar de director. Garcia escribiu o guión canda a neta de Ernest Hemingway. A historia céntrase na amizade entre o escritor e o seu gran amigo Gregorio Fuentes. A protagonista feminina será Annette Bening, quen desempeñará o rol de Mary Welsh Hemingway, terceira esposa do literato.

Deixa un comentario

O teu email nunca será publicado. Os campos necesarios se marcan con *

*
*