Os bateristas dos grupos Pink Floyd, Radiohead e The Police participan nun evento chamado “o ritmo da paz’ incluído nunha campaña internacional para evitar novos conflitos en Sudán. A participación destes músicos en ‘Sudan365’ acontece a un ano vista do referendo sobre a división do país. Nick Mason, Phil Selway e Stewart Copeland tocam nun filme que constitúe o centro desta iniciativa solidaria que pretende concienciar aos dirixentes políticos sobre os graves problemas polos que atravesa esa nación africana.

