En Chile inauguran un museo da memoria que lembra ás vítimas de abusos cometidos durante réximes militares em diversos países, por certo deixando fóra a Brasil porque aínda non teñen constituída unha Comisión da Verdade que investigue os anos máis escuros da nación. As vítimas de Pinochet terán un lugar especial e chama a atención que nas recentes eleccións múltiples seareiros do ditador alzaran as súas copas e brindarán polo triunfo de Piñera, un home que tiña dentro do seu equipo a simpatizantes da ditadura. Semella imporse nas urnas o modelo Berlusconi de multimillonario populista, pero detrás deles aniña o xerme do fascismo e convén non esquecelo nunca. Por iso son tan necesarios museos da memoria.


Un Comentario
E unha cousa que non me cabe na testa: como diantres pode un pobo elixir de presidente a un multimillonário. Como non sexa que por estar xa “forrado” pensan que non vai botar a man ao peto do estado…