Será esta a nova gran serie de TV?

A HBO bota a casa pola fiestra e emprega 35 millóns de euros na elaboración do capítulo piloto de “Boardwalk Empire”, contando coa dirección de Martin Scorsese. Terence Winter, produtor e guionista de “Los Soprano”, é o cerebro deste proxecto, que conta a historia da creación de Atlantic City nos anos 20, en plena Lei Seca, unha cidade na que existían gangsters a moreas. Comandando aos delincuentes atopamos ao personaxe encarnado por Steve Buscemi, un home que chegou a ser coñecido como o rei de Atlantic City. Michael Pitt, Michael Shannon e Kelly MacDonald tamén forman parte do reparto. Scorsese só dirixirá o piloto e logo exercerá de produtor executivo e consultor creativo. “Boardwalk Empire” estrearase o vindeiro outono.

Deixa un comentario

O teu email nunca será publicado. Os campos necesarios se marcan con *

*
*