The Cove, Oscar ao mellor documental

Richard O’Barry foi adestrador de golfiños para aquela serie televiviva dos anos 60 titulada Flipper e dende aquela xa se mergullou completamente no seu mundo. Este home comprendeu que eses animais non eran felices participando nos espectáculos realizados con eles polos humanos.  Na obra “The Cove”  fálase da defensa que fai O’Barry, o fotógrafo Louie Psihoyos e un fato de activistas na defensa dos golfiños. As cámaras agochadas van á enseada xaponesa de Taiji e alí desvelan o sanguento comercio que se realiza coa carne do animal (23.000 morren anualmente nese lugar). As matanzas de golfiños queren facerse de xeito silandeiro, pero estes homes sacan á luz os métodos empregados nun comercio que move moitos millóns de euros, tamén tirando beneficios ás vendas de golfiños para zoos de todo o mundo.


Deixa un comentario

O teu email nunca será publicado. Os campos necesarios se marcan con *

*
*