Andaina profesional

Óscar Losada (29-03-1965). A Coruña.
Publicou cinco libros:

-John Carpenter. No estamos solos. Nuer (1999)

-Alento de gaita. O sopro dun pobo. Toxosoutos (2000)

-Crónica do folk galego, xunto a Xoán Manuel Estévez. Tris-Tram (2000)

- Deportivo Obrero. 75 anos de historia. Trifolium (2006)

- As pedras do destino. Tambre (2008)

Foi un dos profesionais escollidos para participar no libro Xoves xornalistas. Crónica Aberta, editado por Lea en 1999.

* Finalista do premio de narrativa e ensaio deportivo Don Balón en 1997, e finalista en dúas ocasións do certame de narracións convocado pola Liga de Fútbol Profesional.
No ámbito deportivo traballou na redacción de Radio Nacional, Ondas Galicia, TVE en Galicia e La Voz de Galicia. Foi xefe de sección do desaparecido xornal deportivo Meta Sport. Tamén realizou narracións de partidos do Deportivo para o “pago por visión”. Asemade fixo algunha colaboración para Canal Plus.

* Realizou escritos sobre temas culturais para os xornais El País, La Voz de Galicia, O Correo Galego e o semanario A Nosa Terra. Na actualidade desenvolve esa actividade no diario coruñés La Opinión, onde creou os Premios Opinión de música folk.

Foi director e editor da revista musical semestral Cartafolk.

* Director das curtametraxes documentais “Irene, a porteira” e “Chiloe, a Galicia americana”.

* Editor do libro “Historia da selección galega de fútbol 1922-2007″, escrito por Jorge Deza.

* Na actualidade dirixe e presenta o programa “A lanterna máxica”, especializado en cine, na Radio Galega.
Fixo programas de cine e música en Radiocadena e Radio Nacional e exerceu como crítico musical no Diario Cultural da Radio Galega. Colabora coa sección musical “Notas Soltas” no magazine “O tren do serán”, emitido pola Radio Galega.