Arquivos pro categoria: OPINIÓN

Un filántropo de altura

Aos 42 anos, Dikembe Mutombo xa tiña escrita na súa cabeza a palabra retirada. Logo de vestir as cores dos Houston Rockets na pasada campaña, completando 18 temporadas en activo, cismaba en descansar máis que noutra cousa, pero a chamada do deber fai que volva formularse a posibilidade de enrolarse nun equipo da NBA, e [...]

Negociar? Sempre

A colombiana Ingrid Betancourt veu lembrar a aqueles apaixonados da solución militar para os casos de terrorismo que cómpre negociar con eles, “primeiro porque é o mellor modo de salvar vidas e segundo porque non facelo é xustificar a barbarie e deixalos sos no seu fanatismo”. Algúns sectores reaccionarios volven agora as loas a [...]

A raíña da velocidade que correu lenta

É un pracer ollar correr a Allyson Felix, unha atleta que semella deslizarse sobre a pista mentres as súas contrincantes baten no tartán con furia. Para estes Xogos Olímpicos tiña como obxectivo acadar catro medallas de ouro nas seguintes probas: 100 metros, 200 metros e os relevos 4×100 e 4×400. Pois xa non vai ser [...]

Son Indíxena

Cando éramos cativos non tiñamos dúbida algunha sobre a maldade dos indios. Nos westerns que viamos nas pantallas eles eran os salvaxes que arrincaban as cabeleiras dos civilizados rostros pálidos. Pasada a nosa infancia, con todas esas mentiras metidas na cabeza por medio das películas, comprendimos que as salvaxadas adoitaban vir asinadas polos homes brancos, [...]