É un pracer ollar correr a Allyson Felix, unha atleta que semella deslizarse sobre a pista mentres as súas contrincantes baten no tartán con furia. Para estes Xogos Olímpicos tiña como obxectivo acadar catro medallas de ouro nas seguintes probas: 100 metros, 200 metros e os relevos 4×100 e 4×400. Pois xa non vai ser [...]
Esta historia ten un só nome e moitas facianas. Quedémonos cun bebé chamado Helena. Realmente foi Helenita ata que se converteu nunha adolescente á que ese diminutivo non lle acaía ben. Foi unha nena criada nun fogar onde non faltaba de nada. A sítuación económica dos seus proxenitores permitíalle algúns caprichos caros, como esa roupa [...]
¡Mamma mia!. Xa ven o que aconteceu en Italia e volve Silvio Berlusconi a exercer de rei sen coroa, pero con máis mando en praza que calquera monarca europeo. Un resultado catastrófico foi o colleitado polos comunistas de Fausto Bertinotti, quen xa presentou a súa demisión, que quedan por primeira vez fóra do parlamento. Por [...]
Abril 16, 2008 – 11:15 pm
Seguen algunhas autoridades católicas sermoneando á cidadanía respecto ao digno ou indigno dalgunas actitudes diante da morte. O arcebispo de Pamplona comenta que a morte de Xesucristo non gozou de coidados paliativos e foi absolutamente digna e que cómpre aceptar os males que nos veñan. Por min, el e os que pensen coma el que [...]
As estatísticas reflicten que o 20 % dos cidadáns da Unión Europea aturan un nivel de ruído por riba do límite establecido pola Organización Mundial da saúde como aceptable, [...]
Febrero 13, 2008 – 11:07 pm
As mulleres nunca tiveran tanto poder na política norteamericana como na actualidade. Condolezza Rice é Secretaria de Estado, e Nancy Pelosi a presidenta da Cámara de Representantes.
Ademáis, por primeira vez, unha dama ten serias posibilidades de convertirse en candidata á presidencia por un dos grandes partidos do país, aínda que [...]
Lémbrome dunha lista que tiñan pendurada na cociña, nunha vella folla de caderno, os meus amigos estudantes univesitarios que moraban nun piso en Compostela. Nela recompilaran as curiosas expresións que empregaba unha muller con moi pouca cultura que dous deles coñecían.
Á parte de denominar á furgoneta como frejoneta, e cousas semellantes, a verdade é que [...]
Diciembre 2, 2007 – 4:40 pm
Escoito unhas declaracións duns trinta segundos nun informativo da Radio Galega nas que o presidente da Xunta fala en galego aos medios de comunicación logo dun acto institucional. Fico pampo ao escoitarlle dicir objetivo, haya e outra palabra que non lembro, semellante á primeira, na que a xota ocupa o lugar que non lle corresponde.
Queda [...]
Noviembre 18, 2007 – 10:37 pm
Vela correr como unha locomotora humana cara á liña de meta era contemplar a unha atleta plena de potencia que despregaba sobre o tartán todo o seu poderío físico para tentar rebaixar décimas ao crono, que marcaba uns tempos tan extraordinarias que as súas competidoras tan só podían verlle as nádegas cando entraba como vencedora. [...]
Octubre 30, 2007 – 4:31 pm
Ola. Esta é unha proba e axiña principiaremos.