Arquivos pro categoria: PUBLICACIÓNS

Liorta polos uniformes dos soldados imperiais

Su noticia está siendo enviada.
Sistema de envío de mensajes no disponible.
Reintente en unos minutos por favor.
Su mensaje ha sido enviado con éxito

Su nombre:

Nombre Destinatario:

E-mail Destinatario:

Comentarios:
Enviar Cancelar

Digg
del.icio.us
Facebook
Google
Technorati
Twitter
Yahoo
Fresqui

cerrar

Andrew Ainsworth foi o creador dos uniformes das tropas de asalto do Imperio en “La Guerra de las Galaxias”. Este deseñador vende réplicas desa vestimenta e [...]

“Actividade paranormal”, cinta de terror que rompe as billeteiras nos Estados Unidos

A fin de semana pasada a película facturou sete millóns de dólares na billeteira e os seus produtores afirman que o seu orzamento non pasou de quince mil dólares. O filme amosa a historia dunha parella que grava en vídeo os acontecementos estraños que teñen lugar no seu fogar.  A recadación ten máis mérito se [...]

“A Lanterna Máxica”, agora de 12:00 a 13:00

O meu programa radiofónico cinematográfico muda de horario no verán. Mantense o día, sábado, mais agora estamos en antena de 12:00 a 13:00 durante os meses de xullo e agosto, e seguimos a tratar todos os aspectos da actualidade cinematográfica. Emítese na Radio Galega.

As pedras do destino

Pois aquí está o meu primeiro traballo de ficción, editado por Tambre na colección Cataventos. “As pedras do destino” xa está á venda. Fixemos a presentación oficial na librería Sisargas e o meu amigo Alfonso Hermida, condutor do Telexornal mediodia na TVG, exerceu de presentador e elaborou o seguinte texto.

En 1988, hai agora 20 anos, [...]

“A Lanterna Máxica” viaxa a Cans

O meu programa radiofónico “A Lanterna Máxica” viaxa por terceiro ano consecutivo ao Festival de Cans. Realizaremos desde alí o espazo, lembrade que se emite de 15:05 a 16:00 horas os sábados.
Por aquí deixo algunhas fotos que constatan que viaxamos no famoso chimpibús. Por aí vese ao actor Carlos Blanco e aos meus compañeiros Xoán [...]

Libro Historia da Selección Galega de Fútbol

Neste traballo exerzo de editor. En canto Jorge Deza me informou que elaborara unha obra sobre a historia da selección galega de fútbol, na que recollía informacións sobre uns dez partidos dos que ninguén sabía nada, tiven claro que era necesario recuperar a nosa historia esquecida. A día de hoxe, a selección galega disputou xa [...]

Deportivo Obrero: 75 anos de historia

Este libro foi unha encarga da editorial que aceptei con gusto, posto que o meu bisavó foi presidente do clube futbolístico e o meu curmán é o actual máximo mandatario. Ademais o meu pai xogou con eles, ao igual que algúns outros familiares. Este é o texto introdutorio realizado pola editorial Trifolium.

A colección [...]

John Carpenter. No estamos solos

O primeiro libro que publiquei é esta monografía sobre o director de cine norteamericano John Carpenter.

Editouno a editorial Nuer e está escrito en castelán.

Alento de gaita. O sopro dun pobo

Este libro foi publicado no ano 2000 (editorial Toxosoutos).
É un ensaio que fala sobre o que significa un instrumento como a gaita para algunhas culturas, especialmente a galega. Na obra mestúrase un chisco de socioloxía, historia, antropoloxia e arte para conformar un panorama que saliente o poder dun instrumento que, en tempos, foi cualificado como [...]

Crónica do folk galego. 25 anos de historia

Este libro, publicado pola editorial lucense Tris-Tram, foi realizado a medias con Xoán Manuel Estévez.
Trátase dun traballo editado a finais do ano 2000 e, desde aquela, aconteceron moitas cousas na música folk do noso país, mais todo o que sucedeu ata aquel momento fica reflectido nesta obra.