Arquivos pro categoria: RADIO

O “crack” esquecido

Existen historias de futbolistas que fican na memoria colectiva e outras que se perden no sumidorio da historia malia merecer un recoñecemento xeral. Algunhas comezan a ver a luz e nos últimos anos xa se fixeron varias reportaxes na prensa salientando o que representou o austriaco Sindelar, proclamado o Mozart do fútbol, un xogador único [...]

“Notas Soltas”

“Notas soltas” é unha sección semanal, mércores ás 16:30, que realizo para o programa “O Tren do serán”, dirixido e presentado por Cristina Lombao. Levamos xa seis semanas falando de cousas relacionadas co eido musical, de calquera estilo, e optando por levar ás ondas temas curiosos que resultan bastante descoñecidos. Xa fixemos incursións [...]

Cantas razóns teñen

Segundo un estudo realizado polos Psicólogos da Universidad de Texas, David Bush e Cindy Meston, que analiza os motivos das personas para manter unha relación sexual, existen 237 razóns para practicar esta actividade. Entre elas atopamos estes motivos: aburrimento (Buahh, que podemos facer?), excesivo consumo de alcol, (aquí non existe perigo de que che [...]

Amor ao deporte (para o programa Aquí xa é noite)

Imos despedir esta temporada de artigos, ata despois do verán, facendo unha referencia aos XogosOlímpicos a celebrar en China. Cómpre non esquecer e denunciar a actitude do goberno ao respectodos dereitos humanos e sería bo boicotear a cerimonia de apertura como chamada de atención, mais logo o que interesa é competir con deportividade.Os deportistas dos [...]

En vías de extinción

Os osos polares están en risco de desaparecer por mor da degradación do seu habitat natural como consecuencia do quecemento global. O goberno de Estados Unidos incluiu a esta especie nunha lista de animais en perigo de extinción, aínda que o fixo a última hora e porque non lle quedaba máis remedio, tendo unha orde [...]

Talento refulxente

No negocio da música non sempre se premia o talento. O marketing fai pasar por estrelas a auténticas medianías que non serían nada sen o aparato promocional que os substenta. Existen artistas que soan continuadamente nas radios de éxitos e outros que nunca obterán ese beneficio e deberán loitar arreo para que as súas cancións [...]

Turismo de mitos

Comentan os responsables da cidade inglesa de Nottingham que a referencia inevitable que lle ven á xente á cabeza cando fala desa localidade é a de Robin Hood, ao que consideran parte do seu patrimonio e un imán turístico para moitas persoas. Un lugar moi visitado nese lugar é o bosque de Sherwood, o agocho [...]

Traballar para vivir

Algúns aínda non se enteraron. Non vivimos para traballar, senón que traballamos para poder vivir desafogadamente e tentando acugular experiencias gratas á nosa existencia. Os tempos do escravismo xa pasaron, mais temos aos burócratas da comunidade europea lanzando esa idea das 60 horas semanais de xeira laboral volvendo aos tempos das cavernas, aquelas épocas nas [...]

Desigualdades

Non hai máis que ollar ao mundo para ver que cada día aumentan as desigualdades entre as persoas. Os ricos acugulan a eito e os máis pobres subsisten con menos cartos que na década pasada. Vén de coñecerse o dato de que os directivos de empresas cobran dezasete veces máis que os seus empregados. As [...]

“A Lanterna Máxica” viaxa a Cans

O meu programa radiofónico “A Lanterna Máxica” viaxa por terceiro ano consecutivo ao Festival de Cans. Realizaremos desde alí o espazo, lembrade que se emite de 15:05 a 16:00 horas os sábados.
Por aquí deixo algunhas fotos que constatan que viaxamos no famoso chimpibús. Por aí vese ao actor Carlos Blanco e aos meus compañeiros Xoán [...]