Tag Archives: Música

Temazo de Anouk do seu último disco

Esta fermosa holandesa ten algúns temas fantásticos. Este “Three days in a row” é unha boa proba.

Unha fermosa canción de Mindy Smith

Este tema, titulado Out Loud, acompañoume en momentos nos que devecía por que acontecese unha cousa… que non sucedeu. É dun disco do 2006 de Mindy Smith que non estaba á altura deste marabilloso tema, que abría o cedé de xeito espectacular.

¡¡Milagre!! O Vaticano rockanrolea

O xornal L’Osservatore Romano é a canle que emprega o Vaticano para dar a coñecer as súas opinións sobre temas que atinxen á sociedade. Nas súas páxinas vén de publicar a lista elaborada respecto aos mellores álbumes rock e pop de todos os tempos. Estes son os dez mandamentos musicais que emanan do estado relixioso.
[...]

Thin Lizzy, sempre na memoria

Éche unha desgraza, pero Phil Lynnot xa non está entre nós dende hai moitos anos (24 para ser exactos). Trátase doutro deses caídos que deben estar no ceo dos rockeiros. O baixista era o cerebro desta banda, que aportou temas inesquecibles. Este “Are you ready?” é directo e potente, unha descarga de rock en toda [...]

“Danger”: volve a Plastic Ono Band

Tachar como perigosa a unha formación que ten a Eric Clapton como guitarrista semella unha herexía, pero é que esta banda formada por Lennon e Yoko Ono en 1969 tiña dúas facianas ben diferenciadas. Eu escoitei un disco no que na primeira cara atopabas boa música, mais na segunda…aparecía Yoko Ono a realizar gorgoriños varios [...]

Meirelles pode filmar a vida de Joplin

O cineasta brasileiro Fernando Meirelles negocia con produtores estadounidenses para realizar un filme sobre a vida de Janis Joplin, a cantante morta por unha sobredose de heroína en 1970, cando tan só tiña 27 anos. Creo que podería ser un cineasta axeitado para elaborar unha fermosa historia que conte a andaina artística e [...]

Bateristas de Pink Floyd, The Police e Radiohead axudan nunha campaña de apoio a Sudán

Os bateristas dos grupos Pink Floyd, Radiohead e The Police participan nun evento chamado “o ritmo da paz’ incluído nunha campaña internacional para evitar novos conflitos en Sudán. A participación destes músicos en ‘Sudan365’ acontece a un ano vista do referendo sobre a división do país. Nick Mason, Phil Selway e Stewart Copeland tocam nun [...]

O suposto rapto de Hendrix no cine

RH Greene realizará un filme no que narra o extraño rapto sufrido por Jimi Hendrix e pretende ofrecer algo máis da personalidade do xenial guitarrista “dende un ángulo único”, segundo indicou á prensa. A historia da película nunca foi clarexada de todo e resulta rocambolesca. En setembro de 1969 dise que Hendrix foi raptado por [...]

Portadas de discos convertidas en selos

O Royal Mail, o servizo postal británico, vén de editar unha nova serie na que as imaxes son portadas de álbumes realizados por músicos famosos. Miles delas foron tomadas en consideración e finalmente foron dez as escolmadas polo seu alto valor artístico. O guitarrista Jimmy Page axudou a divulgar esta edición especial de selos e [...]

Eminem é o que vendeu máis discos nesta década

Eminem é o artista que máis vendeu nesta década, de acordo cunha enquisa efectuada polo instituto Nielsen Soundscan. O rapeiro colocou 32,2 millóns de unidades das súas obras. O segundo lugar é ocupado polos Beatles, que facturaron 30 millóns de CDs e lograron meter o seu [...]