Tag Archives: política

Ti es unha Rosa Díez, no sentido máis pexorativo do termo

Non penso poñer a túa foto porque me produces noxo.
E esta tipa (poño mellor fulana?) estaba antes no PSOE, pero xa sabemos que detrás desas siglas agocháronse máis dun e dous fascistas.
Ti, claro, es bilingüe, cunha lingua dis parvadas e con outra lambes cús para poder medrar en política.
Non me fagas caso, muller, que son [...]

Os cidadáns perdemos liberdades

O mundo sofreu en 2009 unha nova erosión das liberdades civís e políticas, segundo un informe publicado polo centro Freedom House, radicado en Estados Unidos. Foi o cuarto ano consecutivo no que rexistran “deterioros globais” nesta materia, o que constitúe o “periodo máis longo de declive das liberdades globais nos case 40 anos que a [...]

Chile: do museo da memoria aos desmemoriados

En Chile inauguran un museo da memoria que lembra ás vítimas de abusos cometidos durante réximes militares em diversos países, por certo deixando fóra a Brasil porque aínda non teñen constituída unha Comisión da Verdade que investigue os anos máis escuros da nación. As vítimas de Pinochet terán un lugar especial e chama [...]

Debuxos animados polémicos na canle televisiva de Hamas

A canle de televisión do grupo Hamas, Al Aqsa TV, está a emitir unha serie de debuxos animados onde se amosa ás forzas de seguridade palestinas de Cisxordania como aliadas de Israel. O protagonista é Bahlul (que en árabe significa bufón), un policía que se pon completamente ao servizo dun soldado israelita. No capítulo piloto [...]

Aparece unha foto comprometedora de JFK

A imaxe de John F. Kennedy nun iate con mulleres espidas saíu á luz no sitio de internet estadounidense TMZ. A foto foi tomada a mediados da década dos cincuenta e nela vese a mulleres sen roupa e a Kennedy tomando o sol. TMZ pediu a unha serie de expertos que examinara a fotografía e [...]

Aminatou Haidar e Mariem Hassan, dúas loitadoras

Teño un presentimento moi negativo sobre o futuro de Aminatou e non confío moito naqueles que deben loitar pola súa vida diante do monarca de Marrocos. Encantaríame trabucarme, ogallá sexa así. E para ela, con todo o agarimo, traio o vídeo doutra loitadora saharauí, o da cantante Mariem Hassam, a voz máis sobranceira do seu [...]

Cando Franco quixo invadir Portugal

Ollo a este artigo do xornal luso Público. Menos mal que nos segue a quedar Portugal. Precisamente o martes, terça-feira, vou ao querido país veciño nunha desas escapadas deportivas que tanto me gorentan.

“Decidi preparar a invasão de Portugal”
Por Maria José Oliveira Em 1940, o Alto Estado-Maior espanhol elaborou, a pedido de Franco, um plano de [...]

Errol Flynn estivo con Fidel en Sierra Maestra

O actor Errol Flynn acompañou a Fidel Castro na súa viaxe a Sierra Maestra, segundo se desprende de dous artigos escritos polo intérprete no ‘New York Journal American’ que foron atopados no arquivo do Centro de Historia Americana da Universidade de Texas. Os textos titúlanse ‘Me and Castro’ e ‘I Fought with Castro’, e neles [...]

Nova versión de “Persépolis”

Dous opositores ao réxime de Irán veñen de contar co permiso da autora da obra “Persépolis”, Marjane Satrapi, para realizar unha versión do cómic, bautizada como “Persépolis 2.0″, co obxectivo de denunciar as condicións nas que foi reelixido o Presidente Mahmoud Ahmadinejad e protestar contra a represión no seu país. Lembremos que Persépolis pasou dos [...]

Xa vai saíndo a merda á superficie (III)

Alguns soldados que participaron na ofensiva israelita en Gaza hai uns meses dixeron que tiñan ordes de “disparar primeiro” e só preocuparse logo se había civís feridos ou mortos por mor das balas. O obxectivo era ter as baixas mínimas para que a opinión pública continuase apoiando a acción militar. Esta é a conclusión á [...]